Estadísticas

    Usuarios registrados : 1191
    Contenido : 234
    Enlaces : 35
    Clics de vista de contenido : 86514

    Nuevas Fotos

    Entrevista a Marcos Amado Casdelo

    «Os mozos deben saber que Caión foi importante»

    O arquivo da confraría foi recuperado grazas a este economista que prepara un libro sobre o pazo de Graxal

    O presidente de Adisma (Asociación de Discapacitados e Maiores de A Laracha), Marcos Amado (38 anos), é o responsable do proxecto de recuperación do arquivo da confraría de Caión, que foi financiado polo GAC (Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte). Este economista afeccionado á historia do seu pobo prepara agora un libro sobre a historia do pazo dos Condes de Graxal, que ven de ser restaurado.

    -¿Canta xente traballou no arquivo?

    -Tamén estiveron Antón e Luis Varela. Empezamos en setembro e rematamos a principios desde mes.

    -¿Que lle chamou máis a atención de todo o que atopou?

    -A maior sorpresa foi atopar dous ósos de balea do século XVI nunha casa do rueiro das Figueiras. Un estaba no muro de carga e o outro noutra parede na parte de atrás do edificio.

    -A actividade pesqueira no porto de Caión agora é mínima, case inexistente.

    -A finais do pasado ano desfixéronse outros dous barcos, o Estrella Verde e O Furia. Só quedan lanchas do percebe, pero chegou a haber 17 tarrafas de cerco e 15 lanchas e traineras. Houbo un tempo en que había 400 mariñeiros e todo o pobo vivía do mar.

    -¿Por que decidiu que había que recuperar o arquivo?

    -Porque sei que en un ou dous anos a actividade pesqueira vai desaparecer case por completo. Os mozos deben saber que Caión foi importante. Quedan unhas poucas lanchas, pero houbo moita xente que vivía do mar.

    -¿Cando empezou o declive?

    -Polo que me dixo o patrón maior, a baixada empezou no ano 90, cando houbo un descenso das capturas. Cada vez había menos peixe e non daba para tantos barcos.

    -A confraría chegou a facer as funcións do Concello.

    -Foi moi importante para Caión. Ocupábase das necesidades non son dos mariñeiros, senón tamén de todos os veciños. Pagaba o arranxo do porto, pero tamén fixo a traída de augas e asfaltaba as rúas e os camiños. Pagaba as festas e cedeu os terreos para as escolas e mesmo un edificio para o centro médico, que ata hai dous anos estivo nun local da confraría.

    -¿Seguirá estudando a historia do seu pobo?

    -Eu estudei Económicas, pero gústame investigar sobre a historia local. Hai xa tres anos que traballo na historia dos señores de Montaos, que vivían no pazo. Calculo que publicarei o libre a finais deste ano. Teño moitos datos.

    Marcos amado Presidente de adisma.

    img_14567