Baio – Club do Mar
Baio – Club do Mar (2-0)
- BAIO: Manuel, Matías, Iván, Ramón, José Antonio, Eloy, Mario, Martín (Alberto, min.57), MC (Rubio, min.75), Javi Suárez e Canai (Fachal, min.65).
- CLUB DO MAR: Iago, David (Chori, min.60), Repi, Alex, Fran, Juan Lareo, Jacobo, Jhoni, Bertín, Vituco e Santi Silva (Brais, min.46).
- Goles: 1-0, min.1: Canai; 2-0, min.12: Canai cun golazo de punteira por riba do porteiro tras unha combinación de Martín e Javi Suárez.
- Expulsión: Alex no min.80.
Gran partido do Baio, que saíu a por todas, presionando arriba con todo, sorprendendo aos caioneses e marcando 2 goles nos 12 primeiros minutos. Non puido o cadro caionés coa avalancha chea de agresividade dos locais, que soubo matar e logo controlar o partido.
Na segunda metade o Club do Mar levou o peso do balón, pero en fronte o Baio amosábase moi seguro atrás e ata saíndo á contra. Só un par de ocasións de Bertín e Brais inquedaron a Manuel pero que non acertaron a recurtar e o Baio acadou unha importante e merecida vitoria.





