Estadísticas

    Usuarios registrados : 1304
    Contenido : 289
    Enlaces : 36
    Clics de vista de contenido : 102547

    Nuevas Fotos

    Sofán – Club do Mar

    Sofán – Club do Mar (1-2)

    • SOFÁN: Richard, Adrián, Diego, Pensado, Miniño, Alemán, Suso, Iván, Edu, Gurita e Abel.
    • CLUB DO MAR: Gonzalo, Alex, Repi, Luís Lareo, Rubén, Jacobo (Chori, min.80), Jonhie (Pincho, min.75), Chapu (Brais, min.70), Vituco, Bertín, Fran Borrazás.
    • Goles: 0-1, min.35: Jonhie de falta; 1-1, min.60: Suso tras un córner; 1-2, min.75: Bertín de cabeza a centro de Jonhie.
    • Lesión: Jacobo.

    150 persoas no Carral para ver un dos partidos da xornada. O choque comezou intenso, cunha dura pelexa no medio pequeno terreo de xogo. Vituco avisaba para os visitantes e Ivan facía lucirse a Gonzalo cun tiro dende lonxe. Gurita e Abel tamén tiveron ocasións antes de Jonhie adiantase aos caioneses de falta directa.

    Á volta do descanso endureceuse o partido. As accións eran cada vez máis fortes pero a SD saca forzas e consegue empatar o partido. Puido darlle a volta ao marcador se Berti nin falla de cabeza a porta baleira, e na xogada seguinte, o Club do Mar non perdoa e define a vitoria.

    A partir de aí o partido rompeuse e o equipo de Repi facía moito dano á contra, cunha boa ocasión de Brais, un tiro de Jonhie ao longueiro e un fóra de xogo rigoroso aos caioneses. O Sofán aínda tivo algún balón aéreo que puxo o medo nas filas visitantes. Marchan así cunha gran vitoria que afianza o seu liderato.